Semana Santa 2009 en Porto do Son (Santo Encontro)
10 abril 2009 - Etiquetas: Galicia, Porto do Son, Portosin, Santo Encontro, Semana Santa - 0 Comments
Por segundo ano consecutivo da man de Paco do Martelo, meu padriño, acudín ao Santo Encontro que se celebra en Porto do Son, onde se recrean as escenas de Xesús camiño do Calvario. Comeza cun padre dicindo o sermón dende un balcón e pouco a pouco entra na praza Xesús coa Cruz ás costas, axudado por Xosé de Arimatea e outro home que non coñezo.
Escenifican tres caídas e cando foi a segunda, unha muller que chaman a Verónica, sae do medio da xente. Leva un pano na man co que limpa o rostro de Xesús e quédalle reflexado nel. De outra zona aparece San Xoán que segundo dixo o padre, ía buscando á Virxe María, a nai de Xesús. Aparece por outra rúa e xuntos achéganse ao seu fillo.
Cando remata o Santo Encontro, un coro cantou unha canción e todos nos preparamos para saír camiño da capela da Atalaia. Non é o monte do Calvario, pero inda ten unha boa costa. Este ano non puidemos ir porque empezou a chover e tiveron que cubrilas imaxes. Segundo me comentou meu padriño foi porque teñen moitos anos, xa que cando el era neno coma min, xa as levaban.
Tamén me dixo que antes ía moita máis xente e que dicían o sermón dende outro balcón, pero que fai uns anos derribaron a casa que chamaban de Vinagre e que estaba case no medio da praza. Este ano non houbo soldados romanos coma no pasado.
Estas son as fotos que fixen e o vídeo, aínda que como era o primeiro, tremeume un pouco o pulso. Agardo que lles guste e déixenme a súa pegada.
Vídeo que recolle o momento no que a Verónica achegase a Xesús
Todos estes actos son organizados pola "Cofradía de la Pasión de Nuestro Señor" de Porto do Son.

This entry was posted on 12:15
and is filed under
Galicia
,
Porto do Son
,
Portosin
,
Santo Encontro
,
Semana Santa
.
You can follow any responses to this entry through
the RSS 2.0 feed.
You can leave a response,
or trackback from your own site.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario