Blog

Carlos

dende Portosin

Seareiros

Arquivo do blog

No acto das mortes de Nebra

05 noviembre 2011 - - 0 Comments

Sentado, agardando a que comece o acto
Dende fai uns anos acudo ao acto que meu padriño fai en Cans-Nebra ante o monólito que levantou en lembranza de catro veciñas e un veciño que morreron a mans da Garda Civil o 12 de outubro de 1916. O seu delito foi querer defender a un veciño de Cans ao que os caciques do concello de Porto do Son querían embargar, despois de que entre eles malversasen fondos da Deputación.

Outras veces tocoume depositalas flores ante o monólito, pero desta vez fixo Adrián, un trastataraneto de Xenerosa Vidal, a terceira vítima en falecer desta brutal agresión.

Preparándome para gravar un vídeo

This entry was posted on 23:59 and is filed under Cans , Nebra . You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.

0 comentarios: